O LECTOR

La Voz

FIRMAS

22 feb 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

1. O seu mellor momento para a lectura. Quizais pola noite, rematada xa a xornada diaria.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. A temática. Son un apaixonado dos de intriga, históricos, divulgación científica, sobre a evolución humana; sobre música e músicos...

3. Que lle achega a lectura? Pois achégame relaxación, evasión, información, coñecemento, sensacións...

4. Os seus libros favoritos. Difícil, depende do momento da vida, pero un dos meus favoritos é Contos, de Edgar Allan Poe

5. Un xénero literario. A novela, especialmente a de misterio, novela negra.

6. Un personaxe e un espazo literario. Frei Samuel na vila medieval de Noia.

7. Que está a ler agora? A praia dos afogados, de Domingo Villar.

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Agustín Fernández Paz e Gerald Durrell.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Escoitar música, tocar a percusión tradicional no noso grupo, disfrutar da natureza e viaxar coa familia e amigos...

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. Moitas e de libro; talvez a desembocadura do Tambre en Pontenafonso.

A VOZ DA TERRA

Rocío Dourado