«Se paramos o gasoduto que non se diga que non o avisamos»

FIRMAS

Insiste en que se non se cambia o proxecto presentarán un contencioso

08 feb 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

A plataforma de afectados polo gasoduto xuntou fai tempo 2.500 firmas reclamando que se modificase o proxecto, pero a súa opinión non se tivo en conta e o Ministerio de Medio Ambiente aprobou en decembro unha declaración de impacto polo trazado que critican. Unha e outra vez insistiron en que non dubidarán en presentar un contencioso e pedir a paralización cautelar das obras, no caso de que o Ministerio siga adiante. Un día despois de que alcaldes e directivos de Alcoa se xuntasen en San Cibrao para urxir ao Ministerio de Industria que faga o gasoduto, o presidente da plataforma, Luis Vieites, non muda de opinión. Unha xuntanza á que asistiron os alcaldes de Barreiros e Ribadeo,