Se sospeitas que o teu fillo ou filla pode atoparse na fase inicial dalgún trastorno da alimentación, observa os seguintes indicadores e considera cada resposta afirmativa como un sinal de alarma. En todo caso, antes de tomar calquera decisión, ten en conta que moitas destas características (como os cambios de carácter ou a preocupación pola imaxe persoal) son normais na adolescencia. Só os profesionais poden determinar se existe un trastorno.
? Utilización inxustificada de dietas restritivas.
? Estado de preocupación constante polo peso e a alimentación.
? Interese esaxerado por receitas de cociña.
? Preferencia por comer só ou soa.
? Interese por cociñar para os demais e pór escusas para non comer (dicir que xa comeu fóra de casa, que comerá despois con alguén, que se atopa mal...).
? Sentimento de culpa por ter comido
? Comportamento alimentario estraño (só quere comer determinados produtos, obsesión por evitar custe o que custe graxas...).
? Irse da mesa e encerrarse no baño despois das comidas.
EN RELACIÓN CO PESO
? Perda inxustificada de peso.
? Medo ou rexeitamento esaxerado ao sobrepeso.
? Prácticas de vómito autoinducido.
? Prácticas de xaxún.
? Utilización de laxantes ou diuréticos co obxectivo de controlar o peso ou perdelo.
? Retraso na aparición da primeira regra.
? Falta de menstruación.
? Intentos de agochar o corpo co uso de roupa ancha, evitando o bañador, etcétera.
? Percepción errónea de ter un corpo obeso.
? Facer exercicio en exceso e mostrar nerviosismo se non se practica.
? Práctica esaxerada do exercicio físico co fin de adelgazar.
? Insatisfacción persoal constante.
? Estado depresivo e irritable, con cambios de humor frecuentes.
? Diminución das relacións sociais, con tendencia ao illamento