Así como Mojo, Flor ou Nala olfactean os campos minados en busca de rastros de explosivos, a Armada norteamericana leva, desde os anos 60, adestrando na base naval de San Diego (California) a un grupo de golfiños e leóns mariños para detectar e marcar, con sensores acústicos, as minas submarinas. O finísimo sistema de radar dos cetáceos, moi superior aos dos humanos, permítelles detectar, a unha distancia de 110 metros, unha esfera metálica de tan só 8 centímetros de diámetro. Estes intrépidos mergulladores, sempre preparados para a acción, xa foron utilizados, con gran éxito, nas guerras do Golfo e Iraq.
O elevado custo de mantemento e adestramento destes exemplares, unido ás constantes críticas por parte das asociacións en defensa dos animais, levou ás autoridades americanas a desenvolver o Knifefish. Este enxeño robótico de 7 metros de longo en forma de barracuda, que dispón dunha autonomía de 16 horas, demostrou a súa eficacia nas probas de detección de artefactos explosivos realizadas sobre o buque de apoio militar Curtiss, de 183 metros de eslora, e o gardacostas Seneca, de 82 metros. Se todo sigue como se proxectou, o Knifefish podería substituír ao equipo de golfiños no 2017.