«O cogomelo é moi versátil, vai con todo»

B. C. VILAGARCÍA / LA VOZ

FIRMAS

Os cogomelos cobran protagonismo na gastronomía nestas datas. Nos restaurantes, tamén, e o Culler de Pau do Grove é un bo exemplo.

-¿Que aportan os cogomelos desde o punto de vista culinario?

-É un produto interesantísimo, pola variedade e porque cada variedade ten as súas peculiaridades. Ese sabor a humidade, a campo... abre moito o abano na cociña. Estamos nunha terra de cogomelos pero falta a cultura de comelos.

-Pero xa se comen máis que antes ¿non cre?

-Empeza a verse xente nos montes e agora atrévese a comelos, pero, como en todo, imos ao noso ritmo.

-Vostede utiliza este produto na súa cociña ¿como se subministra?

-Son incapaz de atopar un provedor, ata fun a Lugo a buscalo, pero non hai. Con todo, de Galicia sae materia prima en fresco tódolos días para o País Vasco, Cataluña e Francia. Falta alguén que se tome en serio este tema en Galicia.

-A parte do sabor, ¿qué outras propiedades ten este produto?

-É un produto natural. Cargado de auga, sen graxa, nin almidóns que, como todo, hai que tomalo con control. Pódese preparar con todas as técnicas e é moi versátil porque vai con todo: mariscos, legumes e carnes.

-Unha receita doada...

-Unhas trompetas amarelas e uns Cantarellus Cibarius por exemplo, que son ás que temos máis preto. Se saltean cun aceite de allo, pirixel e bótaselle unha salsa de xema de ovo da casa. Sal e pementa, e a comer.