Os pasados días 26 e 27 celebráronse as segundas Xornadas sobre TDHA (trastorno por déficit de atención con/sen hiperactividade), organizadas pola asociación Anhida, que integran na Coruña un grupo de país e nais de rapaces afectados por este trastorno. O obxectivo da entidade con este encontro é seguir traballando na divulgación dos aspectos dun problema que afecta a entre o 5 e o 7 % da poboación infantil. Ángel Carracedo, director da Fundación Galega de Medicina Xenómica, pronunciou a conferencia de clausura das xornadas, nas que tomaron parte familias afectadas. Como comparten na súa web (https://sites.google.com/site/anhidacoruna/home), as familias de Anhida unen esforzos na loita polo desenvolvemento dos seus fillos nun marco respectuoso coa diversidade e cos Dereitos do Neno.
A web de Anhida ofrece, entre outras informacións, resposta a preguntas como a que apunta á posible relación do TDHA con outros problemas, como o autismo ou o síndrome de Asperger.
A quinta semana europea do TDHA concluíu o 7 de outubro, mais a comunicación continúa. Derrubando mitos, afrontando realidades.