«Pachi Vázquez é un Atila da política»

La Voz

FIRMAS

<span lang= gl >Equipo de redacción</span>. No café participaron a delegada de La Voz en Ourense, Ruth Nóvoa, e os periodistas Cándida Andaluz, Xosé Manuel Rodríguez e Miguel Ascón.
Equipo de redacción. No café participaron a delegada de La Voz en Ourense, Ruth Nóvoa, e os periodistas Cándida Andaluz, Xosé Manuel Rodríguez e Miguel Ascón. fotos< / span> miguel villar< / span>

13 oct 2012 . Actualizado a las 06:00 h.

Propuxemos a Paz que definira a algúns dos seus contrincantes cun titular. Así respondeu.

-Jesús Vázquez (PP).

-É o maior exterminador do ensino fundamentalmente no rural.

-Pérez Bouza (CxG).

-Se realmente quere chegar a onde di que quere chegar, tomou o camiño equivocado.

-David Fernández Calviño (AGE).

-Non sei se sabe onde se meteu.

-Mario Conde (SCD).

-En política, como en todas partes, hai xente honesta e menos honesta pero Mario Conde é un señor que se lle ve vir de lonxe.

-Pachi Vázquez (PSOE).

-É un Atila da política.

-¿A súa mala relación con Pachi, pode ser un obstáculo para negociar un pacto co PSOE?

-O máis difícil sempre é poñerse de acordo cos proxectos. Aquí nesta mesa hai persoas que saben cal é a miña relación persoal con Pachi Vázquez pero eu creo que sería capaz de transcender desas cuestións para chegar a un acordo sobre propostas programáticas e alternativas políticas.

-Asume entón que haberá un pacto de goberno.

-Sempre que de nós dependa non imos favorecer como no caso de Estremadura, por exemplo, a investidura dun presidente do PP. Pero tampouco imos formar parte dun goberno para seguir practicando a política dos recortes. Ten que ser un goberno que se declare insubmiso ante esa política.

-Entendería o cidadán que pactaran con Beiras despois de non poder entenderse no BNG.

-Se os cidadáns nos obrigan a poñernos de acordo dúas ou tres forzas políticas será porque iso é o que queren que fagamos. Non depende tanto do que nos parece as forzas políticas que temos que ir negociar senón da vontade dos cidadáns.