«Eu quero na alcaldía un perfil semellante ao de Paco»

La Voz

FIRMAS

02 oct 2012 . Actualizado a las 06:00 h.

Coñece, como poucos, os engrenaxes do partido. Antonio Rodríguez Penín, concelleiro do PSOE, cree que non traizoou ao exalcalde por defender a súa dimisión porque está convencido de que iso era o mellor para o rexedor. Lidera aos concelleiros «pachistas», que salvo Mónica Vázquez tiveron que deixar o pleno do sábado por unha porta lateral.

-¿Houbo xa algún contacto para nomear novo alcalde?

-Non, aínda non.

-¿Cando está previsto?

-Pois non sei. Eu quedei en que falaría hoxe [por onte] con Agustín [edil de Economía e tenente de alcalde] pero aínda non me chamou.

-Non parece que haxa moi boa comunicación.

-Empezarémola a ter agora.

-¿Quen cree vostede que debe ser o alcalde?

-Eu penso que ten que ser alguén que teña posibilidades de gañar as eleccións dentro de dous anos.

-¿Podería ser vostede mesmo?

-Eu, se non é co acordo de todos porque pensen que neste momento poda tranquilizar isto e que o partido tire para adiante, non vou entrar nese debate. Ten que ser unha persoa próxima aos cidadáns que lle guste estar coa xente dos barrios, pero non un técnico. Eu quero na alcaldía un perfil semellante ao de Paco.

-¿Vostede descártase?

-Tampouco me descarto. Se todos están de acordo en que reúno o perfil, son un concelleiro como calquera outro, pero se eu sei que é por imposición non estou disposto. Non serei alcalde dun galiñeiro.

-Os fieis a Paco son máis, ¿teme unha imposición deles?

-O que era incuestionable era o número un, pero hoxe creo que somos igual de importantes todos os compañeiros, do dous ao once. O dous será máis importante se os demais o acordan así.

-¿Cando fala dun perfil técnico refírese a Agustín Fernández?

-Vós ben sabedes quen ten o perfil de Paco. Me vale María Devesa, me vale Susana Bayo...

-¿E Marga Martín ou Agustín Fernández?

-Claro que me valen, pero estou priorizando. Para min reúne máis Susana, por exemplo, que Marga, pero é polo traballo diario, non por outra cousa.