Grazas á actividade do Simeón a Deputación foise dotando dunha importante colección de arte: «Xuntamos máis de 200 pezas de artistas de primeiro nivel. Huete, Xesús Vázquez, Lamazares, Arturo Baltar, Basallo, Ciria e outros creadores están representados na mesma».
-¿Como afectan os recortes?
-Nós mantemos a actividade porque a maior parte das iniciativas facémolas con persoal propio. Si que tivemos que suprimir a edición dos catálogos, que era algo que tiñamos externalizado.
-¿E a dotación de persoal?
-Este é un centro labiríntico e con moitos servizos e en todos ten que haber persoal, da portería á biblioteca. Puxéronnos a cruz dos «porteiros» pero en realidade aquí hai 12 ordenanzas e 3 persoas en administración.
-¿Bota de menos o seu traballo no servizo de Comunicación?
-Para nada. É un servizo que absorbe moito tempo e as cousas son para xa, ou para onte. Agora estou liberado de tempo e de presión e concéntrome no traballo do centro.
-¿Que tal coa nova presidencia?
-Ben. O novo presidente ten un problema que é a situación económica. Daquela non teño queixa do presidente, si da situación económica que nos limita.