A veces hai que reescribir a propia historia. As XVII Xornadas de Historia Local de A Pomba do Arco permiten outras reflexións, coma a do xenealoxista de Ortegal Xosé Carlos Breixo sobre Pardo de Cela, froito da súa investigación sobre o corpo do mariscal. Hoxe ás 20.30 mostrará con datos e documentos na Casa de Cultura focense que non estaría enterrado en Mondoñedo, senón en Viveiro.
-¿En que estudos se basa?
-Estudei os documentos do seu testamento no Arquivo do Reino de Galicia e no de Valladolid. Digo o que di Pardo de Cela Aguiar. Quería ser enterrado en San Francisco, en Viveiro, xunto co seu bisavó Fernando Rodríguez de Aguiar. Os fidalgos tiñan sepulturas en mosteiros. Beneficiaron aos monxes pero tamén se aproveitaban diso. Aguiar foi cabaleiro da Mariña con raíces en Viveiro, no sécul XIII. Os franciscanos tiñan unha manda que cumprir, que era rezarlle ao mariscal. O testamento da filla, da que teño as cláusulas, pide que se cumpla o que quere o mariscal. A mediados do XVI os franciscanos pleitean cos netos porque deixaron sen pagar a manda, 500 maravedíes por ano e para sempre (deixou tamén uns bens na Regueira de Ferrol). As mandas era algo sagrado. Opino que nun momento dado a filla seguramente o cumpreu e o trouxo a Viveiro.
-¿Como explica a tumba de Pedro Pardo de Cela na catedral de Mondoñedo atopada no 1965?
-Atopouse unha lápida dun Pedro Pardo de Cela, pero tamén pode ser homónimo do mariscal. Hai unha coindicencia nos nomes e apelidos na Idade Media que non nos estrana aos historiadores. No século XVI había 4 ou 5 por aquí. Hai varios Pedro Pardo pero mariscal só un(...) Tiña unha querencia especial por Viveiro, onde se criou, e lle costou incluso o desterro. En 1464 é alcalde de Viveiro, sen ser ainda mariscal(...) Despois de que lle cortaran a cabeza, a nivel popular se gañou un recoñecemento na historia, ainda que membros do clero o demonizaron. Dos beneficios que disfrutaba á súa familia quedáronlle poucos e con xuízos moi farragosos. Outros parentes del sí se beneficiaron porque se poñían ao servizo dos Reis Católicos.
xosé carlos breixo rodríguez xenealoxista de ortegal