19 may 2012 . Actualizado a las 06:00 h.
O programa de actividades e iniciativas para conmemorar o centenario do nacemento do poeta Celso Emilio Ferreiro incorporou o pasado 17 de Maio unha nova proposta: un selo conemorativo que deixará constancia da celebración en memoria do autor de Longa noite de pedra. O novo selo foi promovido pola Sociedade Filatélica Miño e os responsables da mesma fixeron a presentación o Día das Letras Galegas dentro das actividades que se desenvolveron na romaría Raigame, en Vilanova dos Infantes. O acto levouse a cabo no centro comarcal. A Sociedade Filatélica Miño tense distinguido historicamente polo espallamento da figura dos creadores ourensáns e no seu día xa se desenvolveron proxectos similares coa figura de Eduardo Blanco Amor.