Un universo con pegada única

La Voz

FIRMAS

28 mar 2012 . Actualizado a las 12:23 h.

Isaac Díaz Pardo, falecido en xaneiro, centra unha das propostas didácticas da Fundación Novacaixagalicia na súa sede coruñesa (981?185?060). O intelectual é un «pintor viaxeiro» nunha actividade dirixida a alumnos de infantil e primeiro ciclo de primaria, na que se propón facer as maletas e viaxar ao universo único que se evidencia nuns lenzos que falan das tradicións da terra. Os colores de Galicia achegaranse tamén aos estudantes de segundo ciclo de primaria e primeiro de ESO descifrando a personalidade dun artista con pegada única.

Ao ceo con Dalí

En Ferrol prosegue aberta a mostra sobre Salvador Dalí que permite aos visitantes somerxerse no ceo reinventado polo artista. Máis información, no 981?330?280.