Héctor, de 16 anos, pasa as súas primeiras vacacións de verán na Costa da Morte (en Codeiro, un lugar imaxinario) tras suspender e ser por iso relegado de pasalas en Alacante coa familia. Entretense coa lectura de «A illa do tesouro», un libro que pertencera ao avó. Coa axuda da súa prima Carolina vai tras as pistas dunhas misteriosas palabras remarcadas no libro: «Árbore alta. Dez pés. Norte. Cara», que lles leva a descubrir un tesouro oculto no cemiterio.
Historia sinxela que ten como referente o libro de Stevenson. Case para ler de vez, gañou o 5.º premio Ala Delta. Hai unha loa da lectura na relación de varios libros de ambiente mariñeiro e citas de lugares como Muxía, Camariñas ou o Cemiterio dos Ingleses. E a fórmula para facer a queimada co seu conxuro incluído.
«Aínda quedan piratas na costa da morte»
- Consuelo Jiménez De Cisneros. Edelvives (Ala Delta), Zaragoza, 1993.
- A partir de 9 anos
- Ilustracións de Nivio López Vigil. Versión ao galego de Xulio Cobas.