Para facer e para explorar

La Voz

FIRMAS

Facer: ¿Cal é a forma da auga?

Un día que esteas a pasear despois de que chova, ou moi cedo pola mañá antes de que o orballo seque, mira a forma das pingas de auga sobre as follas, as teas de araña ou os coches mollados. Esas pingas forman rosarios de contas separadas unhas das outras. Isto é porque unha superficie que teña un pouco de cera dá a impresión de ter unha pel que a rodea. A pinga parece un balón de auga colocado no chan. Proba a picala cun escarvadentes limpo; verás que non sucede nada. Pero ¿que pasa se a picas cun escarvadentes mollado en deterxente? Entón, a pinga de auga rompe como un balón de auga que explota.

Explorar: Programa ExploraDomus

Trátase dun un programa de actividades escolares na Domus dirixido a científicos de 6 a 10 anos. Alí podes explorar a ciencia que che rodea, por iso unha das propostas é investigar que hai de científico nun cuarto de baño. Entre outras moitas cousas, poderás descubrir como é a forma dunha pinga de auga ou levantar construcións sorprendentes con pompas de xabón.

Máis información na web da Casa das Ciencias.