Esa cousa que é a conciencia

FIRMAS

17 feb 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Omércores, os bombeiros acudiron a apagar un incendio colosal en Caldas. Foron todos os que fixeron falta, estiveran de quenda, de garda ou non. Fixeron o seu traballo coa profesionalidade que se lles esixe pero que non se lles recoñece na nómina: enfrentarse ao lume está tasado en mil e pico euros ao mes. Aínda por riba, levan un mes sen cobrar e non saben cando volverán entrar cartos nas súas contas. Malia todo, os bombeiros foron a Caldas. Por aquelo da responsabilidade e da conciencia. Esas das que outros carecen.