Un prestixio gañado a pulso

FIRMAS

Compartín clase no instituto con alumnos que estudaran cos Maristas no Martínez Otero. Co tempo, tamén tiven relación con alumnos dos salesianos. Ademais da súa aposta por implicar aos escolares en múltiples actividades, sobre todo deportivas, sempre me deu envexa a identificación do alumnado co centro. O Martínez Otero ten gañado a pulso o estatus que lle recoñece a cidadanía.