A obra artística encerra varias referencias estradenses

La Voz

FIRMAS

A Estrada conserva tres obras de Castelao, pero o Concello ten presencia nunha manchea delas espalladas por medio mundo. Os investigadores locais Xosé Manuel Castaño, Paulo Porta, Olimpio Arca, Xoán Carlos Garrido e Carlos Loureiro rastrexaron as referencias á Estrada que aparecen na obra de Castelao. A igrexa, o cruceiro e a estela galaica-romana de Ouzande teñen especial presencia na obra do autor. O Museo de Pontevedra conserva un debuxo a lapis e un óleo sobre cartón da ábsida románica da igrexa e garda tamén unha augada titulada Rectoral de Ouzande. Nunha versión posterior, O cura de aldea, volve aparecer. Tamén o fai en O Consello do Pai e nun debuxo publicado en 1914 en La Voz de Galicia de Buenos Aires. A silueta da igrexa reaparece ademáis en viñetas como O consello do pai ou Por gañar un pouquiño máis de diñeiro Farruco chega tarde para revivir.

O Museo de Pontevedra conserva tamén unha augada da Torre de Guimarei, outra da Ponte Vella de Lagartóns, un esbozo do acceso ó Pazo de Oca e un debuxo dunha das súas fontes.