Cambios na Volta á Ría

La Voz TRIBUNA

NEDA

Dentro de dúas semanas correspóndelle organizar a Volta á Ría ao Concello de Neda, partindo a carreira dende alí. Ante os cambios que se están realizando nas últimas edicións, quero recordar aos organizadores que esta carreira naceu con varios obxetivos, todos elos encamiñados ao principal, que era consolidar a Volta á Ría. Primeiro: Que como tradición se realizara nunha misma data. Sempre a semana anterior ao Nadal, normalmente o terceiro domingo de decembro. Isto é moi importante, que todos os participantes saiban que sempre se celebra nas mesmas datas e poden tela na axenda.

Segundo: Tratar que se mantivera sempre o mesmo percorrido e que o circuíto tivera as mínimas modificacións: cambios por obras ou nas distintas saídas e chegadas, debido á rotación dos concellos organizadores; tratar de homologar a distancia de media maratón, e que sempre rodeara a Ría pasando por As Pías, Av. do Mar en Caranza, Esteiro, Praza de España e toda a estrada de Castela chegando a Neda e Fene co obxectivo de que con este trazado sempre os atletas se vexan arroupados polo público, porque eles son os protagonistas.

¿Que motivos hai en realizar cambios? Sobre todo no trazado. Paréceme impresentable non pensar nos atletas e inventar un percorrido pola rúa da Trincheira, totalmente inhóspito, evitando parte do recorrido de sempre. ¿É para evitar os cruces da estrada de Castela? Que saiban os organizadores que en cidades como A Coruña, Madrid, Nova York, etc. pechan o centro das cidades para unha maratón durante varias horas e non pasa nada.

¿E por que cambiar o horario, poñendo a saída as 10h. e non deixalo ás 11h. como todos os anos? Isto é facer dano á carreira de media maratón máis prestixiosa do calendario atlético. Para rematar: ¿Que pasa cos premios en metálico? ¿É que este desafío de cerca de 1000 participantes non é tan importante como outros eventos que se realizan na comarca? Por este camiño, e con estes cambios, o único que se fai é dano e acabar co mellor acontecemento deportivo en participantes de toda a comarca.