«Mulleres con historia», un libro en pro da igualdade

Vintedúas mulleres e dous homes participaron no proceso previo á edición desta obra editada por Vanesa Castro e ilustrada por Iñaki López


MONFERO / LA VOZ

Dos obradoiros de igualdade impartidos por Vanesa Castro e a Asociación Rural Contemporánea, dentro do programa de sensibilización para promover a igualdade do Concello de Monfero, saíu o libro «Mulleres con historia». Detrás desta obra hai 22 mulleres e dous homes, e dez sesións polo municipio: na Cámara Agraria (Rebordelo). no portal de entrada ás Fragas do Eume (mosteiro) e dous locais privados de Xiao (no Alto de Xestoso».

Nos obradoiros abordaron «o labor, ao longo da historia, de mulleres anónimas e loitadoras, que traballaron dentro e fóra da casa, no campo e cos animais, ou sacando adiante negocios». Reflexionaron «sobre a desigualdade de xénero nun entorno familiar, as dificultades que atopan as mulleres no ámbito familiar e laboral e os cambios que se produciron na relación traballo-muller». Indagaron nos oficios historicamente masculinos que desenvolven, «e ben», as mulleres; na realidade máis próxima e en como contribuír a cambiala. Con autocrítica fronte aos prexuízos.

As persoas que se sumaron a esta iniciativa conversaron e debateron para «visibilizar» ás mulleres das súas vidas, a través dun libro editado por Vanesa Castro, maquetado e ilustrado por Iñaki López, «con debuxos que parten de fotos reais das protagonistas». A maioría dos 110 exemplares editados repartíronse entre os participantes (cada un levou tres, un para gardar, outro para emprestar e outro para regalar), 17 quedan en depósito no concello para distribuír entre axentes locais e catro foron para bibliotecas.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Mulleres con historia», un libro en pro da igualdade