María Belén Salido, PP: «Estamos peor que no 2015»

la voz FERROL

MONFERO

CEDIDA

La candidata popular

17 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Formou parte do goberno do PP entre 2011 e 2015 e agora está na oposición e estréase como candidata. María Belén Salido (Monfero, 1977), administrativa, valora o mandato como «moi malo, porque estamos peor que hai catro anos, non se fixo nada para avanzar, todo foi sen gañas e con abandono, non se mirou por nada». O primeiro que hai que facer, na súa opinión, «é sacar o plan urbanístico, que o PSOE leva prometendo desde os 90, botándolle a culpa á Xunta, sen atreverse a quitalo; para despois intentar que volvan os que se foron e veña outra xente, porque o problema é o despoboamento». Promete servizo de madrugadores no colexio, potenciar a axuda no fogar, un homenaxe anual aos maiores, implantar o programa xantar na casa e facilitar as xestións aos veciños sen saír do concello, en áreas coma o catastro ou consumo.