Rapaces de Moeche e Cabanas no Parlamento

LA VOZ MOECHE

MOECHE

Representantes do Consello Local da Infancia e Adolescencia de Moeche, coa alcaldesa, onte diante do Parlamento galego
Representantes do Consello Local da Infancia e Adolescencia de Moeche, coa alcaldesa, onte diante do Parlamento galego CEDIDA

Participaron no Foro de Participación Infantil que se celebrou o martes

16 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Integrantes do Consello Local da Infancia e a Adolescencia de Moeche (na foto) sumáronse onte ao décimo Foro de Participación Infantil promovido polo Parlamento de Galicia e Unicef, previo ao Día Mundial da Infancia (o 20).

Viaxaron co grupo do Concello de Cabanas. Tamén foron a alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, e o seu homólogo de Cabanas, Carlos Ladra.