Moeche rende homenaxe a Soledad Campos Gil, canteira

LA VOZ MOECHE

MOECHE

CEDIDA

O acto terá lugar o domingo, ás 12.30 horas, no aparcadoiro do castelo

01 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A homenaxe do Concello de Moeche a Soledad Campos Gil, canteira, adiada en dúas ocasións por mor da pandemia, terá lugar o domingo, ás 12.30 horas, no aparcadoiro do castelo. Alí descubrirase unha placa e unha escultura na súa honra, obra de Carlos García. Asistirán familias, membros da corporación e representantes do comité de Navantia e da firma Caleras de Moeche.

Naceu en 1902 na parroquia de San Xurxo, nunha familia de canteiros, e, como explican desde o Concello, deulle continuidade á tradición familiar, especializándose en extraer, cortar e preparar pequenos anacos de serpentinita para venderlla aos estaleiros da ría. «Mantívose activa case ata a súa morte, en 1993», destacan.