Xoán Rodríguez Silvar: «Como non fose algo eléctrico, non lle atopo explicación á morte repentina de tantos estorniños»

FERROL CIUDAD

Foto de arquivo de Xoán R. Silvar
Foto de arquivo de Xoán R. Silvar ANGEL MANSO

É biólogo e delegado en Ferrol da Sociedade Galega de Historia Natural

27 nov 2021 . Actualizado a las 08:33 h.

Ao biólogo e delegado da Sociedade Galega de Historia Natural en Ferrol, Xoán Rodríguez Silvar, o suceso acontecido nunha rúa do barrio de Caranza colleuno nun acto oficial en Santiago, polo que non puido vivir en primeira persoa o sucedido. Pero sí tivo coñecemento da sorprendente e repentina morte masiva de estorniños.

—¿A qué puido deberse un suceso destas características?

—Como non fose algo eléctrico, un cable que fixo unha descarga, non lle atopo explicación a algo tan repentino. Haberá que agardar aos resultados das análises, para ver se atoparon algo de particular nestas mortes. Eu non coñecín ningún fenómeno parecido. Podería darse algún caso con situación de fenómenos tormentosos, pero nesta ocasión non houbo nada que puidese provocar algo así por cuestións naturais.

—Fálase de que puido deberse á utilización dalgún equipo de ultrasonidos...

—Os equipos de ese tipo que eu coñezo utilízanse para espantar as aves, pero non as matan.

—E un envenenamento?

—Eu tamén o descartaría, porque se estaban todos en percha nas árbores, levantan o vó e caen, tampouco me cabe esa posibilidade.

—¿Entón, podería quedar como un caso sen resolver?

—Agardemos que o estudo das aves mortas permita averiguar cal foi a orixe de algo que, para min, polo momento é inexplicable.