Viaxar con libros


Seguimos a voltas coas viaxes. Levamos calcetíns e mudas. O martirio de decidir o calzado. E facemos sitio para un libro. ¿Libros para viaxar? «Vaia polas ánimas do sulfatorio». Dicía miña veciña de Pereiruga. Falemos logo das viaxes con libros. Non necesariamente libros de viaxes que sería o colmo da redundancia. Libros para os momentos de non facer nada. Na cabeza levamos libros que falaron das cidades que imos ver. Oviedo é Vetusta e todo o mundo pregunta polo confesonario onde o cóengo Fermin e a Rexenta... Lisboa para moitos é Pessoa. Os que non len a Pessoa ven inevitablemente outra cidade. Agora Ponferrada e o Bierzo son o señor de Bembibre. Téñense transformado en terra templaria. Daquela os bercianos andaban a cantazos cos cabaleiros do Temple. Liortas polos feudos e os marcos da terra. Burgueses contra señores feudais.

Agora os meus paisanos por fin lles quitaron algún gaño aos templarios. Hai patacas o Templario. Botillos O Temple e un licor de guinda, outro de cereixa e oruxo escarchado «Señor de Bembibre». Os peregrinos toman «Señor de Bembibre» como os autos repostan na gasolineira. As cidades son literatura. Soria é Machado e o paseo do Duero é un paseo poético.

Na lagoa de Doniños hai que espichar un pelouro coa cantiga de Esquío: «Vaiamos irmana, vaiamos dormir/ nas ribas do lago/u eu andar vi/a las aves meu amigo... vaiamos irmana, vaiamos folgar... a las que cantavan / leixa-las-guarir...» ¿Qué escritor non soña con chegar a licor de guinda?

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Viaxar con libros