
As actuacións son na rúa Travesa e no Camiño do Inferniño
15 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Por un importe de 61.511 euros, o Concello de Fene iniciou as obras de mellora da rede de abastecemento da auga na rúa Travesa e no Camiño do Inferniño. A actuación inclúe a substitución das actuais tubaxes de fibrocementeo por novas conducións de polietileno de alta densidade, «garantindo unha maior durabilidade, a redución de perdas de auga e, por conseguinte, unha mellor calidade no servizo».
Segundo o concelleiro de Obras, Manuel Polo, «tamén se procederá á reposición do firme e á mellora da sinalización horizontal na zona dunha actuación que usa os fondos do POS da Deputación».
Os traballos terán un prazo de execución de tres meses, «e responden a unha necesidade fundamental para o concello, dado que a rede existente tiña limitacións importantes polo seu estado de conservación», indica o alcalde Juventino Trigo.