Profesión de risco

O Museo do Humor de Fene acolle ilustracións sobre la liberdade de prensa


Ferrol

O 7 de xaneiro de 2015 o occidente ben pensante conmocionábase coa nova do asalto á sede parísena do semanario satírico Charlie Hebdo e o asasinato de doce persoas -entre elas o director e varios dos debuxantes-, a revista facía gala dun humor irreverente, fresco e desvergoñado.

Un ano despois -en homenaxe e recordo- o Museu Nacional da Imprensa, de Oporto e a Casa da Impresa de Lisboa inauguraron sendas exposicións que recollen centos de traballos e publicacións que evocan á liberdade de expresión en xeral e a da prensa en particular. ?Liberdade com Humor, Sempre!?, nútrese principalmente de ilustracións participantes en varias edicións do certame PortoCartoon Wold Festival de artistas consagrados mundialmente.

A semana pasada unha ducia desas ilustracións chegaron ao Museo do Humor de Fene, o seu espazo dedicado á colección permanente fíxolle un oco ás pezas de ilustradores ?homes- de Cuba, Indonesia, Turquía, México, El Salvador, Brasil, etc?, casual ou premeditadamente, a meirande parte lugares que ocupan postos ben baixos na ?Clasificación Mundial de Libertad de Prensa?. Son 12 autores con debuxos incómodos, finos e contundentes, cunha carga de crítica profunda contra os sistemas opresores, a mediatización da violencia e ausencia de paz. A mostra ? aberta ata o 31 de marzo- ben merece unha visita ao museo; ademais ofrece unha nutrida colección permanente de ilustracións de diversas temáticas, así como o espazo consagrado a Xaquín Marín, ilustrador e fundador da instalación.

Esta pequena exposición pon o punto de mira máis alá da nosa ollada occidental, que se desgarrara ante os terribles sucesos de París e mira para outro lado cando se trata de asuntos que acontecen un pouco máis lonxe; hai lugares nos que exercer o labor periodístico ? nas súas distintas facetas- é unha profesión de risco, que moitas veces se paga coa vida: no 2015 63 asasinatos. Tres destas foron en México, concretamente dúas no Estado de Veracruz e outra en DF; o fotoperiodista Rubén Espinosa, xunto a Nadia Vera ?xestora cultural-, autoexhiliados ambos desde Veracruz.

Veracruz é o nome da conferencia performativa que o venres a cía. mexicana Lagartijas Tiradas al Sol presentaron no festival Escenas do Cambio (Cidade da Cultura). Un demoledor relato narrado en primeira persoa por Luisa ?actriz da cía. nacida en Xalapa, a capital do estado de Veracruz- que fía á perfección a contextualización histórica, a narcopolítica actual e o asasinato de Nadia e Rubén. Un transitar arrepiante pola normalización da violencia, a corrupción e os abusos da autoridade. A peza conta con testemuñas en voz en off de sucesos concretos, imaxes de deforestacións, tiroteos.

Unha chamada de atención dunha cotidianidade bastante máis insoportable que as eventualidades da seguridade da Europa. Foi toda unha labazada; o público ? conmocionado -non puido levantarse do seu asento ata ben pasado un rato do fin da conferencia.

Todos os días en milleiros de lugares estase a sufrir a violencia contra a profesión, haberá que pasar do Je Suis Charlie ao Je Suis Journaliste.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Profesión de risco