O socialista defende a implicación da cidadanía na actividade do Concello
08 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.Cun equipo novo en máis do 50 %, con caras xóvenes pero tamén perfís con moita experiencia, o candidato do PSOE as eleccións municipais en Fene quere recuperar o espazo cedido fai catro anos, «e como primeira forza política do concello impulsar un goberno que de solucións reais», engade.
-Presentan unha candidatura renovada para unha nova etapa.
-A xente que levamos representa o que queremos facer nos próximos anos. Abrir cauces de participación para gobernar con todos os veciños. E tamén que a xente nova tome o relevo, se implique, e sobre todo que teñan a posibilidade de quedarse a vivir en Fene. É una aposta pola experiencia, o compromiso e o futuro.
-¿Cales son as prioridades para o próximo mandato?
-Imos poñer á cidadanía en primeiro lugar en todas as áreas de xestión. Manter un compromiso cos colectivos máis desfavorecidos, onde a alimentación, vestimenta, ter un peito, acceder aos medicamentos, que ningún rapaz de Fene quede sen ir á Universidade polos efectos da crise... Contemplamos medidas que sabemos que son posibles porque se están levando a cabo con éxito noutros concellos, como o centro de recursos. A concelleira socialista de Narón está iniciando o centro de recursos solidarios que é un exemplo de como traballar da man con organizacións. E ademais creemos que é fundamental apostar por coordinalos e impulsar un comarcal para que non se perda ningún recurso. Ou o modelo de banco de vivendas que propoñemos, sería similar ao que xa está funcionando en Carballo.
-Valore ó goberno que está a piques de terminar.
-Detrás do sorriso do alcalde se esconde falta de compromiso cos cidadán e falta absoluta de xestión. Este goberno o único que foi capaz de facer foron os dous millóns de euros en obras que deixamos preparados os socialistas. Caeron naqueles que tiñan que facer un mínimo de xestións, nos pasos de vía de Perlío, co tema da traída en Magalofes, non quixeron continuar co convenio que se firmou co tema da auga a San Marcos e a parte alta de Sillobre ... O que fixo o goberno de Gumersindo Galego foi poñer escusas para cubrir aos seus compañeiros de partido. Porque tampouco nin o goberno de Rajoy nin o de Feijoo teñen compromiso con Fene.
-¿Como ve a situación de Fene?
-Estes catro anos foi tempo perdido. Vemos como están as zonas de esparcemento, nos encontramos con porquería nos parques, non temos un so parque infantil en Fene que cumpra a normativa vixente... A mi dóeme especialmente o parque de Castelao que se chamaba a finca de Cela. É un espazo especial porque os meus avós estaban alí contratados coidando da finca. O encontramos con herba que nalgúns sitios chegaba a metro e medio, báculos tirados polo chan, espazos de xogo danados... Queremos ter dende o primeiro momento un plan de mantemento integral do Concello para parques, zonas infantís, cunetas, edificios municipais... Non se pode intentar facer todo correndo cando chegan as eleccións.
-¿Que espera o día 24?
-O obxectivo dos socialistas de Fene é recuperar o espazo que retrocedemos hai catro anos e volver a ser a primeira forza política do concello. E dende esa posición impulsar un goberno que de solucións reais aos cidadán e contando con eles. Queremos contar e implicar a toda a cidadanía e a todos os colectivos, e estamos convencidos que o obxectivo é alcanzable. A cidadanía cada vez máis é consciente da necesidade de dar paso a unha alternativa real e non a un sorriso e detrás o único que se esconde é fume.
DNI
Naceu en Fene no ano 1967. É xestor cultural, traballou para Neda, Vilagarcía ou Santiago, e agora en Malpica de Bergantiños
É concelleiro na actual corporación. Serán as súas primeiras eleccións como número un aínda que xa concorreu en dúas listas.