Rampla presenta o caderno das praias de Cedeira

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

ANGEL MANSO

A obra de Adrián Taracido Fernández leva un limiar de Rafael López Loureiro

08 jun 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Rampla Hotel Herbeira e Remo Revolución presentan «Dálle cor ao caderno de campo das praias de Cedeira», obra de Adrián Taracido Fernández, cun limiar do naturalista Rafael López Loureiro, Calel.

A cita será o domingo, día 11, ás 13.00 horas, na praia da Magdalena, diante do CEIP Nicolás del Río. Os promotores desta iniciativa convidan a acudir con estas mensaxes: «Vide dar un paseo ecoloxico con nós! Vide render homenaxe ao pai do naturalismo galego: Frei Martín Sarmiento!».

Hai dous anos, Rampla Hotel Herbeira xa presentou un caderno para colorear creado tamén polo cedeirense Adrián Taracido Fernández, baixo o título «Dálle cor á Cedeira Mariñeira».