María Xosé Rodríguez: «¿Pacto? Depende da forza que nos dean os resultados»
CEDEIRA
A primeira teniente de alcalde de Cedeira, do BNG, aspira a presidir a corporación
15 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.«Creo que fomos un goberno exemplar, porque realmente deixamos de lado as nosas diferenzas e tratamos de buscar sempre o interese xeral dos veciños de Cedeira [...]. Non quere dicir que non houbera debate, pero o resultado da unión foi serio, responsable e eficaz», defende María Xosé Rodríguez Pérez (Cedeira, 1967), arqueóloga, primeira tenente de alcalde e candidata do BNG. Destaca o traballo feito en materia de transparencia -«toda a vida administrativa municipal está na web»- e recoñece as tarefas pendentes, como a residencia da terceira idade ou o centro de día (cun anteproxecto en marcha), ou o presuposto participativo -«pódese avanzar máis»-. Cualifica de «auténtica revolución cultural» a acometida neste mandato, «coa aposta pola arqueoloxía [...], o xeoparque e a participación dos colectivos, da cidadanía, ao cen por cen». Promete seguir traballando nesta liña, incidir na área medioambiental, crear un banco de tempo, un plan local de accesibilidade ou un plan especial para o casco antigo, revisar o Plan Xeral ou elaborar unha Relación de Postos de Traballo (RPT) municipal. ¿Repetirase o pacto? «Depende do resultado, temos que ter forza suficiente; se de nós depende sempre haberá un alcalde ou alcaldesa de esquerdas».