Contará o venres 14 co apoio de Xavier Campos, Mariña Bello e Ismael González
06 nov 2025 . Actualizado a las 20:00 h.O escritor Manuel López Foxo presentará o venres 14 en Ferrol o seu último libro, A construción da nación desde o realismo político. A peza, editada por Libros Lorref, amosarase a partir das 19.00 horas na Central Librera da rúa Dolores.
Con López Foxo estarán na presentación Xavier Campos, Mariña Bello e Ismael González.
O autor xa deu a coñecer o ano pasado o seu libro Os vellos. A memoria da vida e unha cultura que se perde, onde entrevistaba a nove maiores dos concellos de Ortigueira, As Pontes e Viveiro.