A Unidade de Terapias Intravítreas de Oftalmoloxía do CHUF é acreditada a nivel nacional

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL

Imagen de archivo del CHUF
Imagen de archivo del CHUF CESAR TOIMIL

É a primeira unidade de Galicia en recibir este certificado de acreditación.

09 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Unidade de Terapias Intravítreas (UTI) do Servizo de Oftalmoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol é acreditada a nivel nacional pola Sociedade Española de Vítreo e Retina. Este recoñecemento foi durante o 28º Congreso desta Sociedade Española, que se celebra este fin de semana en Santiago, e onde a oftalmóloga da Área, Nuria Olivier Pascual, recollía esta certificación que conta co aval da propia Sociedade Española de Vítreo e Retina (SERV) e da Sociedade Española de Calidade Asistencial. É a primeira unidade de Galicia en recibir este certificado de acreditación.