Trinta curtametraxes estréanse na meca do cine chamada Chanfaina Lab

La Voz SAN SADURNIÑO / LA VOZ

FERROL

Foto de familia dos participantes na última edición do Chanfaina Lab, en setembro de 2023
Foto de familia dos participantes na última edición do Chanfaina Lab, en setembro de 2023 LEANDRO PAZ

A gala será este sábado na Casa da Cultura

22 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Desde cinema feito por labregos ou xubilados, ata o realizado polos mellores cineastas galegos. Ata trinte curtametraxes estréanse este sábado no Chanfaina Lab de San Sadurniño. Na súa oitava edición, a gala na Casa da Cultura acollerá «un visionado colectivo da veciñanza popular cos creadores, que durará tres horas». Así o indica Manolo González, impulsor do Chanfaina e referente do audiovisual galego.

Chanfaina alude «a unha receita tradicional dos territorios dos antigos señoríos, cando as partes nobres do animal entregábanselle aos señores mentres as vísceras ficaban na cociña dos labregos para preparar esa chanfaina». Neste pequeno festival de cine toma forma como «un revolto de cousas diversas». Tamén participa a xente nova local: Iago Lourido, Bieito Beceiro, Aroa Calvo, Catalina Rodríguez, Pablo Martínez, Soraya Yáñez, Ángela Arnosa, Kevin Lorenzo e os colectivos NaraíoMedia e SueÑa. Ademais, das míticas labregas de Teño unha Horta.

Na gala haberá comedias, documentais, thrillers, terror, experimental, cine observacional ou videocreación.