Énecesario superar o franquismo sendo realistas. Demonizalo sen máis fai esquecer o seu éxito na guerra e nos corenta anos de goberno. A história busca comprender ese éxito: o franquismo recolleu as forzas da dereita que eran a metade social de España. A palabra franquismo despista o seguinte dato: que as dereitas aceptaron ao ditador por razóns emocionais e de interese.
O éxito de Franco baséase en repartir arelas e prebendas económicas, sociais e «simbólicas». Máis-menos todas as dereitas recibiron a súa parte do botín. Reparto e medo. Pao e zanahoria. Os ditadores aguantan se teñen apoio social e máis apoio internacional. E Franco contou cos dous apoios. Implacable cos inimigos da dereita (represión estatal) non foi menos duro que outros ditadores, incluidos os comunistas. A sociedade «franquista» tivo mecanismos para non querer ver a represión, para xustificala ou «negala». O negacionismo é tan vello como a humanidade. «Caín tamén negaba o seu crime».
A propaganda do durante o período do franquismo foi eficaz: intensa, constante, simplificadora, mitificadora até o absurdo, agresiva... nada diferente a outras propagandas políticas totalitarias.
O réxime durou corenta anos. Un éxito baseado na complicidade e no desenvolvemento económico social - o desarrollismo-. Despois de Francisco Franco, a dereita, obrigada, buscou unha saída cara o sistema democrático. A esquerda «marxista» tamén esqueceu, por supervivencia, a «ditadura do proletariado». Mais aínda teñen soños de ditadura.