Ladino ou «españolyko»


En 1492 os Reis Católicos expulsaron dos seus reinos aos xudeus, que se chamaban a si mesmos «sefardís» (de Sefarad=España). Dende aquela os sefardís conservaron a súa fala, chamada ladino ou españolyko. Andando o tempo foron asumindo «vierbos» prestados do idioma oficial dos diferentes países: do búlgaro, do grego, do turco, do italiano, do árabe de Marrocos. Mais conservaron cun especial amor a forma do seu idioma materno e familiar. Xunto co idioma conservaron recetas de cociña, xogos, cancións e refráns. Este castelán do século XV foi tardíamente descuberto polos españois cando a primeira guerra colonial de Marrocos e máis por algúns turistas que viaxaron por Grecia, Turquía e Bulgaria. Quedaron moi sorprendidos. Os intelectuais conseguiron do dictador Primo de Rivera un decreto de españolidade, que pasado o tempo serviu a moitos para salvar a vida cando a persecución nazi.

O caso dos sefardís é un exemplo de amor constante polo seu idioma que en moitos casos ía asociado á morriña pola terra perdida: Sefarad. Por suposto os sefardís usaron outras linguas «vehiculares» para integrarse nas sociedades onde vivían e tamén para estudar as ciencias modernas: o alemán, o inglés, o francés. Os idiomas familiares aguantan mal a situación de convivencia coas linguas oficiais ou vehiculares de ensino, ciencia e cultura. O ladino sefardí é un exemplo de amor pola lingua materna. O premio Nóbel Elías Canetti, sefardí, explica todo isto no libro A lingua salvada.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Ladino ou «españolyko»