Galiña trufada


Outro día conto cómo sabe este manxar exquisito. Hoxe toca a historia de como chegou a receita da galiña trufada á miña nai. Tía María, de Anllares del Sil, quedou orfa pois a nai morreu no parto e foi criada na casa dun tío de Páramo. Alí coñeceu a Carmen, unha rapaciña das minas. Carmen, xa moza foi para León a traballar na casa do Sr. Modroño, o propietario da mina. De León pasou a Madrid a servir na cociñas de casas importantes. Chegou servir na casa do primeiro embaixador de USA en España.

Nun convite serviron unha tarta que chamou a atención aos invitados entre os aque estaban os señores marqueses de Villaverde. A señora Marquesa quixo felicitar á reposteira da tarta, a señora Carmen de Páramo. Da casa do embaixador pasou á casa dos marqueses de Villaverde, onde aprendeu a preparar a galiña trufada, o foie-gras e outros manxares de cociña francesa. A aristocracia española foi francofila, alomenos nos temas de cociña. Nas vacacións Carmen volvía a Páramo e pasaba a visitar a tía María.

Así coñeceu miña nai a Carmen a de Páramo e tamén aprendeu a receita da galiña trufada e máis a do foie-gras. A galiña mellor que sexa vella. Hai que separar o pelexo da carne e ósos, pero sen rompelo. Un traballo de precisión. Aconséllase un bombín de bicicleta.

O derradeiro traballo de Carmen foi na casa de Nieto Antúnez, ministro de Franco. Dona Carmen Polo chamou a Carmen para un banquete no Pazo de Meirás. Serviron tres galiñas trufadas. Franco peniscou un par de migallas.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Galiña trufada