As cousas de comer

Eduardo Fra Molinero CAVE CANEM

FERROL

Os países pequenos buscan asociacións para poder funcionar nun mundo complexo e de grande competencia. A primeira asociación é a militar, xa que logo nunca estamos libres de que alguén veña a quitarnos o que temos: O roubo de terras e persoas. Descubrimos que o botín dos vellos tempos é cousa tamén dos tempos modernos. ¿Ou pensades que non hai xentes que arelan o noso, sobrándolles xustificacións históricas e mesmo relixiosas. Velaí o caso de Israel sobre a terra prometida. Concretando no caso de España. Agora descubrimos que a entrada na OTAN e máis na Comunidade Europea foi unha decisión que se parece ás vacinas: A OTAN estabilizou ao exército. Dalgunha maneira impide golpes de estado. O golpismo é unha constante da nosa historia. ¿Por que arte de birlibirloque había desaparecer? A entrada na Comunidade Europea asentou un sistema democrático, sen o que non había posibilidade de entrar. En troco a Comunidade Europea garante a unidade territorial do Estado Español. Con iso non contaba o nacionalismo da burguesía catalá que fracasou buscando apoios de Europa.

Agora, co recurso violento do terrorismo (non sabemos aínda toda a extensión e implicacións) para acadar obxectivos de independencia, tanto a OTAN como a Comunidade Europea negan calquera convivencia.

É posible que o nacionalismo soñe con apoios dalgunha superpotencia allea a Occidente. España sobrevive gracias a estar en Europa e na OTAN. Pensar un momento que estamos fóra de Europa e da OTAN produce vértigo.