Saber química

Eduardo Fra Molinero CAVE CANEM

FERROL

15 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Xa pasaron as votacións e aí veñen outras. Vou comentar un aspecto que me parece esencial: A química. Química dos políticos e química das nomenclaturas que usan nas siglas. Estas parecen fórmulas pero case nunca coinciden coas propiedades reais.

Entre siglas e comportamiento non hai correspondencia. Na química científica entre a táboa dos elementos químicos (fórmulas) e o comportamiento si hai correspondencia. Non hai engano.

O que digo queda demostrado polo barullo en torno a palabra «centro». Todos din selo pero non aparece nin na fórmula.

A palabra esquerda tamén se usa como talismán ( ou veleno) pero non aparece nas siglas nin na conducta. Nas sectas é común a proclamación de auténtico e puro. Só en química a autenticidade e a pureza quedan perfectamente formuladas. O ácido sulfúrico non se vende en botellas de viño mencía. Se o facemos é unha estafa e notarémolo logo na saúde.

Hai políticos sen química clara. A etiqueta di unha cousa e a realidade outra. Provocan rexeites máis que adhesións. A min gústame a táboa dos elementos químicos. Queda todo moi claro. H2O é auga. Despois pode estar toldada, contaminada, ser ferruxinosa, termal... pero a auga pura é H2O. Tamén pode ser H2O2, auga pesada, un hisótopo radiactivo de moito coidado. Nas próximas eleccións a ver se non nos meten auga pesada por auga pura ou non nos venden ácido sulfúrico por mencía. A estas alturas deberíamos estar advertidos pero as etiquetas son trapalleiras.

Aprendamos química.