A España baleira


Apalabra deserto significa terra sen xente. Hai desertos de poboación humana en calquera clima. Na historia de España fálase de desertos humanos durante a Idade Media. Unha franxa ancha do río Douro era un deserto. A palabra «repoboación» semella ser máis axeitada que a palabra «reconquista». Pero ese é outro tema. Agora estamos diante de rexións enteiras case desertas e non por causa de invasións violentas e razas inimigas, senón por mor dun tipo de economía especulativa. É un fenómeno mundial.

As consecuencias da creación de desertos humanos son varias: Medra a masa arbórea e de matorral. Ocupan o territorio animais salvaxes (tamén promocionados por razóns ecoloxistas, de caza e de turismo). Proliferan os incendios. Desaparece unha cultura agraria-pastoril milenaria. Os habitantes urbanos descoñecen o territorio e os seus ritmos vitais e máis descoñecen os códigos culturais dos poucos habitantes rurais, envellecidos, que aínda quedan.

De súpeto escoito a moitos políticos que predican poder remediar esta gran desfeita. Demostran una ignorancia propia de estudos precipitados, másters acelerados e soberbia mental de crerse superiores a todo. É difícil repoboar territorios sen incentivos de tipo económico e social. Os que precisamente se conceden aos sectores da industria e comercio (repasen). Dende a mentalidade urbana vai ser difícil arranxar o problema. Pero as cidades necesitan máis que nunca o campo e o monte, para alimentarse, ter auga, cada vez máis escasa, e contar cunha fábrica de aire limpo.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Tags

A España baleira