Mercados


Renovarse ou morrer. Esta frase, que en realidade se pode aplicar a moitos ámbitos das nosas vidas, parece que calou nos mercados da nosa cidade. Despois de atravesar diversas crises, as xerais e as propias do sector -como, no seu momento, a implantación das grandes superficies, e máis recentemente, das compras online- e de sufrir o paso do tempo nunhas instalacións que non sempre recibiron o mellor dos tratos por parte da administración, percíbese un cambio de rumbo moi positivo.

Hai só unhas semanas, un bo número de operadores do mercado da Magdalena decidía abrir as tardes dos venres, facilitando as compras a moitas persoas que non poden facelo en horario de mañá. A iso, súmanse outras iniciativas, neste e noutros mercados da cidade, dirixidas a abrir o abanico da oferta e adaptala á demanda existente.

Pero non podemos esquecer que a promoción de produtos frescos, ecolóxicos e de proximidade nestas prazas de abastos municipais non depende unicamente da disponibilidade das e dos seus operadores, senón que precisa da axuda da administración, que non só debe velar por un correcto estado dos espazos comerciais -como vai suceder, por fin, de forma inminente en Caranza-, senón que tamén ha de xogar un papel activo na promoción e consolidación dos devanditos mercados. Como? Facilitando a apertura das prazas -con todo o que leva-, apoiando a diversificación nos mercados -degustacións, actividades culinarias para diferentes colectivos ou venda online-, promovendo campañas de fidelización permanentes ou primando a incorporación -e, por tanto, a venda- destes produtos nos menús escolares.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Mercados