Identidades

Eduardo Fra CAVE CANEM

FERROL

12 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Saíndo do metro en Saint Denis a visión da praza, había mercado, semellaba a unha cidade africana: os vestidos, as falas, os postos de productos exóticos... Pero era Francia.

Alí estaba o Hotel de Ville, estilo chateau inconfundible, coa bandeira francesa. Os países reciben inmigrantes e xa nunca volven ser o que eran antes.

«Non te podes bañar no mesmo río», dicía o filósofo. O negocio da trata de escravos meteu negros en América.

Agora son afroamericanos. Eles estiman chamarse así. Xa que logo os levaron á forza agora os colonos brancos han de tolerar esa identidade.

En Galicia hai poucos inmigrantes. Aínda así temos unha palabra para sinalar aos que veñen de fóra: Os venideiros. As festas son momentos críticos para comprobar a integración dos venideiros.

O adoito é que os inmigrantes celebren as súas festas de identidade propia como os andaluces de Cataluña que pediron un monte para «repetir» o ritual do Rocío.

En Ponferrada os galegos tomaron como seu o monte da Cruz de Fierro (os galegos din ferro) para celebrar o día de Santiago.

O de Cataluña é un caso máis do fenómeno que nega a mestizaxe.

Hai medos a perder a identidade patria. As culturas dos inmigrantes marxinados nas pagas non dan desaparecido e fabrican seguido formas de identidade propias. Hai medo a desaparecer como pobo «puro».

Ese medo empurra aos cataláns «de seu» a reafirmar a catalanidade .

Pasa eiquí e en Pekín, onde negan outras identidades. ¿Podemos dicirlle ao mar que non se mova?