Aplicar esta palabra ás falas ten riscos. Coñecemos o bautismo por inmersión. Agora, a boas horas, se practica dun xeito voluntario, pero houbo bautismos á forza, obrigados. Non quedaba outra. Como había que rematar a guerra relixiosa, decidiron repartir aos crentes por territorios. Serás protestante se o señor do territorio é protestante. Serás católico se o señor é católico.
Cos idiomas tamén se quere practicar unha inmersión semellante. Un día chegaron os romanos e houbo inmersión e saímos todos co ablativo absoluto e máis as declinacións aprendidos. Non hai conflito, dixeron os romanos. ¿Falamos sempre e con gusto o idioma dos señores? ¿Cómo se fai unha boa inmersión? Está claro que hai que facela con xeito para que o experimento non remate en afogamento.
Contan en Cataluña que moitos habitantes non queren a inmersión. Hai conflito. Outros din que a inmersión é boísima e non hai conflito, sempre que os «mollados» calen e poñan cara beatífica. «Miren qué cariñas... cómo non vai ser boa a inmersión».
En realidade non se lles pregunta. Aplícaselles o sistema «deutche». Inmersión por territorios: quen manda bautiza. ¿Viron algún idioma que se fale sen inmersión?
Hai bautizante e bautizado. O bautizante é o dono da piscina, da bañeira, da toilette e do río. Nunca ao revés. Cando viñeron os romanos mandaron ir polo rego do idioma e do demais. O mapa dos idiomas é o mapa do poder.
Mañá, se queren, falamos do mapa dos bautismos por inmersión. Cuius regio, eius religio.