Deus e o diñeiro

Eduardo Fra Molinero CAVE CANEM

FERROL

Entre Deus e o diñeiro o segundo é o primeiro». Este dito popular, como todo, ten que ser explicado. No caso de ser «amores» contradictorios non cabe dúbida que Deus perde case sempre. San Francisco de Asís e outros santos fan excepción. O propio Xesúscristo «home e Deus»... Ten días, pero semella que o diñeiro perde a batalla teórica.

No cristianismo hai unha corda que soa antidiñeiro: «Entrega todo o que teñas e ségueme...» Pero históricamente o cristianismo tense levado ben co diñeiro e todo o que se compra con el. Así que a disyuntiva «entre Deus e o diñeiro» dáse poucas veces. O amor a Deus e o amor ao diñeiro conviven sen contradiccións.

Seguramente o cerebro humano é quen de combinar siloxismos e xustificacións de moita sutileza. Cuestión de psiquiatras. As razóns do amor ao diñeiro son claras. Os beneficios son tanxibles e evidentes.

O amor a Deus é máis difìcil de explicar, pero tamén é visible nos «seus amantes» e ofrece exemplos universais. Podémolo ver en todas as relixións e por todos os países. ¿O seu beneficio? A salvación eterna. A paz interior.

¿Qué banco dá un beneficio por toda a eternidade? O contrario de ese amor trae o desastre tamén eterno: O inferno. ¿Por qué os dous amores non son contradictorios? Seguramente o calvinismo protestante soubo acertar coa fórmula. Pero a explicación desta fórmula protestante non me cabe no artigo de hoxe.

Machín cantou o bolero «corazón loco». Non é precisamente unha «letra das Pepitas». Pero todo se andará.