Utilidade do insulto


Cremos que o insulto é moi eficaz. A súa eficacia actúa primeiro como aliviadeiro o consolo para o insultador. De aí non pasa. Despois vai creando opinión colectiva. Por exemplo os insultos ao ferrolán Francisco Franco foron numerosos e variopintos. Dende parvo a criminal sádico.

Cando os insultos se contradín tenden a anularse. Do presidente Rajoy temos escoitado insultos contradictorios que: Ou mamas ou comes miñocas. As dúas cosas xuntas son imposibles. Cando Hitler comezou a súa carreira política recibíu insultos e chirigotas ridiculizando a súa figura. Estes insultos servían máis como placebo do insultador que como prevención dun estilo político que resultou abrasivo. Agora escoito e leo insultos contra o presidente Trump. Dáme pánico que os insultos desvíen o cerebro da analise política axeitada. E sobre todo que o insulto adormeza a acción política.

Non sei dicir quen insulta máis e mellor se a dereita política ou a esquerda. En Madrid, capital que por días pensa que é capital do mundo, insultan seguido á alcaldesa Carmena. As cousas que se din dela sorprenden pola zafiedade. Sen dúbida teñen o seu público. Insultar a Mahoma en Arabia Saudí non sae de balde. Tampouco facelo en París, de aí que ollo co prezo dos insultos. Hai moita enerxía perdida no acto de insultar. O insulto despista moito e o insultado aproveita o despiste para laminar aos inimigos. Por exemplo Rajoy. E hai anos o ferrolán Francisco Franco, que entre outras cousas gañou unha guerra.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Utilidade do insulto