«Os meus cadros son espellos»

Bea Abelairas
Bea Abelairas FERROL

FERROL

Siro: «No debuxo importa moito acertar co centro de gravidade para que se sosteña. Na pintura, como é feminina, compre atopar o punto G».
Siro: «No debuxo importa moito acertar co centro de gravidade para que se sosteña. Na pintura, como é feminina, compre atopar o punto G». josé pardo< / span>

«E se puidera... Nove de cada dez obras irían o lume, sendo benévolo», di

11 oct 2015 . Actualizado a las 20:24 h.

Poñer a Siro López a carón dun espello impón. Sobre todo porque fai gala dunha gran sinceridade -«Cando falo comigo procuro manter as distancias»-, pero a hora de posar luce sorriso impecable. ¿Será que está acostumado a plantarse ante lenzos que o interrogan do mesmo xeito?: «Si, claro; os meus cadros son sempre espellos nos que me vexo. Ás veces -moi poucas- véxome favorecido. Outras, as máis delas, véxome horroroso e esnaquízoos».

Costa creer este pulso no presidente do Clube de Prensa, sempre tan dado a unha actividade frenética: o venres presentou en Sargadelos a súa última obra, (esta vez en castelán, Castelao en el arte europeo, despois de facelo a víspera en Ourense. Ten moitas liñas escritas, pero volvería refacelas case todas. «Como Juan Ramón Jiménez, que daría a mellor metade da súa obra por non ter escrito a outra metade. ¡Pois anda que eu non ía queimar papeis se poidese desfacer os meus entortos! Nove de cada dez irían ao lume; sendo moi benévolo».

Estes días fala moito de Castelao e, en consecuencia, de si mesmo: «Levo máis de 40 anos facendo humor gráfico, literario, radio, televisión... É o meu terreo, aí piso firme, por iso tiña que escribir este libro».

Empeza as presentacións explicando por que publica este libro en castelán: «Porque a Castelao hai que dalo a coñecer fóra de Galicia. En calquera antoloxía de humor gráfico ou literario que se faga en Europa, ten que estar Castelao. E na dos debuxos de guerra, de calquera guerra, tamén».

Pero a lingua galega está tan pegada ao seu ser, que se reflicte no espello como a arte, e o humor. «Facer rir é tamén unha obra de misericordia», di cun sorriso tan enorme que deixa pequeno calquera espello.

SIRO LÓPEZ, ARTISTA E PRESIDENTE DO CLUBE DE PRENSA

«Cando me miro no espello penso que os espellos xa non son o que eran, pero como alguén se me adiantou, direiche que vexo un home que se equivocou mil veces, un millón de veces, e segue surrindo. Por iso vexo un vello agradable. E ás veces, ata guapo...»

a primera virtud exigible a un dirigente o a quien aspire a llegar a serlo algún día no es otra que conocer la materia sobre o con la que va a trabajar; esto es, la sociedad, la gente que dicen ahora los recién llegados. Con frecuencia, no solo es la primera, sino la única: sabiendo cómo es la comunidad cuyo liderazgo se postula resulta suficiente para el éxito.

Uno de los rasgos característicos -con independencia de la consideración ética que merezca- de la sociedad actual es su exacerbada capacidad de conmoverse de manera sincera, inmediata, profunda y efímera ante los acontecimientos que suceden en cualquier parte del mundo y que le son mostrados por los medios de comunicación. Ahora mismo los niños Aylan, Andrea y Asunta, pero hace nada Haití, Charlie Hebdo, Boko Haram, etcétera. Se refiere a ello el sociólogo francés Jean-Claude Kaufmann en un breve trabajo publicado este mismo mes por Ariel: Identidades. Una bomba de relojería. Esta fugacidad volátil en el interés de la mayoría de la población exige de sus gobernantes novedades que satisfagan su desbocado apetito.

Los hábiles dirigentes saben que el viejo y tranquilizador refrán El buen paño en el arca se vende es agua pasada. Es probable que el gobierno local ferrolano esté lleno de magníficas intenciones emancipadoras y de recetas para ser un poco más felices en una sociedad más justa. Pero si no nos lo cuenta se va a comer con patatas su buen paño. Porque malo es que una de sus cabezas visibles ande enredada en cutres asuntos de dedicaciones retribuidas con dinero público. Pero peor es que su silencio sea interpretado por los vecinos como ausencia de ideas.

L