Res pública

La Voz CAVE CANEM

FERROL

24 jun 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

?1623: Doce mayordomos, nueve caballerizos, cuarenta y tres gentilhombres de cámara, nueve ayudas de cámara y cuarenta y seis gentilhombres de la boca ... la servidumbre de palacio ascendía a 1.700» ( J.H.  Elliot: el conde Duque de Olivares) 

O Conde Duque quería reformar a monarquía e reducir toda aquela turbamulta de paniaguados, pero non houbo maneira. El mesmo aguantaba o seu poder cunha tropa de deudos, clientes e enchufados eternamente agradecidos. Estou por invitar a amigos historiadores e que escriban unha historia para políticos. Nestes días a caída de Madrid, Barcelona, Valencia, Zaragoza, A Coruña, Zamora... ( para o PP como unha caída bélica) significa pasar ao paro dunha enorme corte dos milagres onde mangoneaban os grandes de España. Os novos partidos veñen con aires reformistas. Menos asesores, menos gentilhombres de la boca, menos soldos. A ver se non lles pasa como ao Conde Duque. Un nobre de Extremadura tiña como lema: Todo es poco. No puedo arar con esos bueyes dixo o Conde Duque. Este lema nobiliario parece ser o das empresas do neofeudalismo que vivimos. Para as eléctricas, por exemplo, todo é pouco. O goberno decreta ao seu dictado  un imposto ao sol, ao vento e a María Santísima aos rezos), se cadra. Na historia esa que hai que escribir para políticos cóntase que as cidades querían liberarse da tiranía da nobreza ( incluídos bispos e mosteiros) Democratizar os muiños de vento e auga para moer gran, olivas... Recuperar a propiedade pública dos montes, dos pastos, dos ríos... A res publica, que sempre se dixo. Voulle dicir ao novo alcalde que inice esa república popular colocando paneis solares nos edificios públicos e nun pao grande a bandeira da rebelión enerxética, mesmo citando ao Papa Francisco: A irmá terra, a irmá auga, o noso primo o vento... O municipalismo sempre foi antifeudal.