«Non é un adeus definitivo»

Carla Elías Martínez
carla elías MUGARDOS / LA VOZ

FERROL

JOSÉ PARDO

O rexedor non volverá a presentarse ás elección tras tres mandatos

04 jul 2014 . Actualizado a las 13:02 h.

Leva máis de corenta anos ligado á política, onde entrou con so 16 anos ligado ás Xuventudes Obreiras Católicas. «Era o que se podía naquel momento», recorda o alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia. Arroupado polo portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, e a comarcal, Mercedes Tobío, onte anunciou a súa decisión de non concorrer á alcaldía mugardesa nas próximas eleccións municipais tras tres mandatos co bastón da alcaldía a que chegou no 2003.

-¿Que lle levou a tomar esta medida?

-Levo moitísimos anos, e aínda que a nivel persoal tiña ganas de deixar a alcaldía, falei coa organización para tomar a decisión de forma colectiva.

-¿Vai seguir vinculado co BNG de Mugardos?

-Isto non é un adeus definitivo, vou a continuar na organización porque está é a miña casa, a casa común de todos os galegos. Penso que é posible que vaia a ir na lista, pero non en postos de saída, para manifestar o meu apoio aos compañeiros.

-Despois de 12 anos de alcalde, ¿cal será o seguinte paso?

-Son unha persoa que me gusta moito pintar e escribir, e voume dedicar a isto, non para publicar, pero si para min. Ademais vou seguir vinculado para participar en todas as reivindicacións que hai nestes momentos, que son moitas, creo que non é de recibo que nos quiten todo polo que loitamos tantos anos.

-¿Imaxinaba cando empezou con 16 anos que ía a estar tantos anos na política?

-Sempre fun unha persoa moi inquieta con respecto ás desigualdades e as inxustizas, e busquei un sitio onde poder participar para loitar contra iso.

-¿Que logros valora máis dos tres de mandato?

-Fixemos infraestruturas e equipamentos importantes. Mugardos non tiña unha escola infantil municipal, non había unha piscina climatizada, agora temos un campo de fútbol, non había local de ensaio para grupos de música... O paseo emblemático tamén foi un logro do meu mandato. Se fixo unha transformación importante tanto no casco como nas parroquias. Nestes anos invertimos moitísimo en dotar de servizos as parroquias, mantendo a calidade e a xestión pública. Aquí non temos nin Aquagest nin Vendex. Temos un Grupo de Emerxencias Supramunicipal, melloramos a seguridade vial e a rede de estradas... O balance é moi positivo, estou moi satisfeito. Cando cheguei á alcaldía o Concello tiña un certo endebedamento, con máis de medio millón de euros, e hoxe non ten débedas, temos un remanente positivo que imos investir en facer o posible por crear emprego.

Xosé Fernández barcia alcalde de Mugardos