Miguel Alonso, ferrolán afincado en Compostela, acaba de presentar, en formato dixital, o seu último traballo titulado O día despois da noite dos cans. «Son catro cancións que quedaron fóra do meu anterior traballo. Por unha cuestión de orzamento só entraron doce cancións, había algúns que me gustaban moito, pero que non puiden publicar».
-¿De que nos fala nesas cancións?
-Nos ollos teus é poema de Cunqueiro que musiquei fai tempo e Días raros recibiu un premio Lidera en Ferrol. As outras son as máis especiais porque son grabadas na casa por min: Dixeches e Sin ti non son ninguén.
-O disco descárgase de balde na rede, ¿como está resultando?
-A verdade é que está a gustar moito. Os comentarios son moi positivos, están a escribir moito e hai xente á que incluso lle gustan máis estos temas que os que incluín no outro disco.
-¿Por que tomou a decisión de utilizar esa fórmula?
-Coa crise que hai, cada vez é máis difícil grabar un disco e que cho compre a xente. Este é un xeito de poder ensinar ao público unha parte do traballo que realiza un. A min gústame moito escribir cancións e gravaría un disco cada ano, pero é totalmente imposible.
-¿Para cando un novo traballo?
-Estamos xa mesturando e traballando cun estudio de A Coruña e imos intentar telo listo antes de que acabe o ano. Levará por título Como dioses de alquiler e será o meu primeiro disco en castelán. Seguirei apostando polo galego, pero tiña moitas composicións sen publicar que agora verán a luz.
emergentes miguel alonso, cantante
Música
En Facebook (descarga gratuita do seu último traballo)
www.miguelalonsoweb.tk
miguel_alonso_fdez@hotmail.com