É certo que o debate sobre os estaleiros da ría non é hoxe si público ou privado, e sí centrarnos na necesidade acuciante de carga de traballo.
Máis si deberamos ter claro os galegos e galegas que a defensa de Navantia en Ferrolterra pasa póla conformación dun Complexo Industrial da Construción Naval na Ría de Ferrol, que abranga todalas áreas relacionadas con esta actividade: construción civil, militar, off-shore, reparacións, turbinas e enerxías renováveis, e iso teno claro, e sempre o tivo o nacionalismo.
Polo que non é de recibo disparar a todo o que se move, agás sexa para evadir responsabilidades, táctica que despóis de 30 anos de desfeita no sector parece fora de lugar.
Reafirmo isto porque creo firmemente que non son tempos de mirar atrás, a historia poñeranos a todos no sitio que nos corresponde, pero se falamos de defender o naval temos que ter moi claro por donde vemos o seu futuro.
E este non pasa por quedarnos Ferrol única e exclusivamente no sector militar, vella aspiración de quenes gobernaron ou gobernan no Estado español, senón, ¿cómo se explica o veto a construción naval civil, que solo se aplica a Fene? Foi esta a primeira decisión sobre o reparto da construción naval no território español, ou mesmo que nos acordos de 2005 e dentro dese 20% posible de civil, Fene non poida acceder.
É por iso que o levantamento do veto é esencial para a supervivencia dos estaleiros, cando ademáis estamos vendo que a construción militar non solo está cada vez máis restrinxida senon que cada vez máis os países demandan transferencia tecnolóxica e construir eles mesmos.
E tan esencial o levantamento do veto que xá debera estar feito ou garantido que iso vai ser así, e xá deberamos estar traballando en proxectos e alianzas para poder acceder por exemplo ao mercado eólico marino, que todos os técnicos auguran o seu repunte no 2015.
E defender o futuro é defender con uñas e dentes o dique flotante, exemplo claro que debemos defendernos nós mesmos, pois nisto sí existe coincidencia tanto política como sindical noutras zonas do Estado que non é primordial para Navantia-Ferrol. Defendemos o terruño, sí, chámese como se queira, pero queremos ter futuro.
E volto o principio, público ou privado, parto da defensa do público sí, pero fagámonos unha pregunta, ¿se a Xunta de Galiza fixera un holding público-privado, e con capital galego pra levar adiante o dique, diríamos que non?, Eu case seguro diria sí.
Por iso tamén defendo a descentralización de Navantia, e que a Xunta entre no seu consello de administración, para defendernos de políticas marcadas dende fora, e baixo presións e intereses alleos a nós no máis das veces.
¿Por qué se Navantia Ferrol pode afrontar a contrución do dique ten que plegarse a decisións de Madrid ou Bruselas?
Por iso tamén defendo que Navantia cotice eiquí polo que facturamos nós, e non en Madrid, iso tamén e solidariedade e respeto entre pobos, non quitarlles o sudor os seus cidadáns e levar as plusvalías fora, deixando de crear riqueza na nosa terra.
Se despóis de trinta anos todos coincidimos que non podemos voltar a pasar por unha nova desfeita do sector, se todos entendemos que só caben políticas, non só de mantemento, senón de reactivación do sector, estratéxico e único motor da economía da comarca. Se todos entendemos que o sector ten futuro, e teno, velaí os datos en Europa con estaleiros saturados, por exemplo, en Noruega ou Holanda.
Se todos coincidimos en que nos temos que defender nós mesmos, quedémonos con aquel vello eslogan «A acción é quen permite superar as divisións». Estou convencido que entre todos e todas podemos.