«Cada vez temos máis repercusión»

M. MEIZOSO FERROL / LA VOZ

FERROL

xoan a. soler

14 may 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Ferrolán do ano 1983. Fotógrafo oficial de recoñecidas bandas e festivais musicais. Adrián Cunha, alias Pixelín, celebra este ano o quinto aniversario da web pixelinphoto.com.

-¿Que balance fai destes cinco anos?

- Moi positivo, a gráfica sube e as estatísticas melloran. A xente recoñece o noso logo e a nosa imaxe e cada vez temos máis repercusión.

-¿O mellor?

-Estar acompañado de xente do mundo do espectáculo. Teño a moita familia que traballa nisto así que estou moi cómodo. Ademais, tras especializarme na fotografía de concertos síntome coma pez no auga. Adoro a música así que se mesturan dúas paixóns.

-Xa os inicios foron potentes.

-Arranquei con Lamatumbá, así que téñolles que agredecer onde estou. A semana pasada estiven con Brothers in Band, grupo que versiona a Dire Straits. Neste tempo traballei con moitos, calquera artista que valore o meu traballo é ben recibido.

-Especializouse en concertos, pero ¿que outras citas cubre?

- O dos concertos é o que máis me gusta, pero tamén plasmo bodas e temas sociais. Repúdiase, pero hai moito traballo detrás. Era un renovarse ou morrer, deu un salto moi grande. A creatividade ten moita presenza nesas reportaxes.

-¿Cómo se prevé o verán?

-Esta semana grabaremos un videoclip con Son do Galpom. No verán seguramente repita como fotógrafo oficial do Derrame Rock e o SonRías Baixas.

emerxentes adrián cunha veira, fotógrafo

Fotógrafo de eventos

www.pixelinphoto.com

En Facebook, Twitter e YouTube

pixelinphoto@gmail.com