«Son máis ferrolá que Bazán»

FERROL

Aitana Eanes centra agora a súa actividade profesional na Casa das Crechas.
Aitana Eanes centra agora a súa actividade profesional na Casa das Crechas. mónica ferreirós< / span>

Aitana Eanes, programadora cultural na Casa das Crechas

16 abr 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Exerce de ferrolá na capital de Galicia. Aitana Eanes (Ferrol, 1983) poñía rumbo a Santiago de Compostela fai seis anos para continuar o que xa iniciara na urbe naval. Na actualidade, é a responsable do que se programa na lexendaria Casa das Crechas.

-¿Cal é a filosofía do local?

-Durante moitos anos chamábanlle a catedral do folk porque antes estaba sobre todo enfocado a ese estilo. Pero agora abrimos o abano e cabe calquer formato acústico que encaixe coa nosa filosofia. Música de dentro da lusofonía, pero tamén outras influencias coma a indie.

-Pero os primeiros pasos deunos en Ferrol.

-Eu empecei tocando a gaita. Levo moito vinculada á música tradicional, de feito os meus primeiros pasos foron con Lolete. Cando tiña 15 anos asocieime á Fundaçióm Artábria e así comecei a traballar coa música. Vin que realmente era o quería facer. E non todos os sitios son ideais, en Santiago é todo moito máis fácil. É o epicentro cultural.

-¿Cómo chega a ser a programadora dun local como a Casa das Crechas?

-Frecuentaba o local dende que me trasladei a Compostela. Nun momento determinado, cambiaban a persoa que levaba a programación e tendo en conta a miña traxectoria, ofrecéronme esa posibilidade. É un privilexio porque dalgunha maneira agora escollo os concertos que quero ver.

-¿Como está funcionando a axencia de producción que puxo en marcha?

-Levamos á orquesta de percusión ibérica Coetus e ao cantan- te David de Salvado. Este proxecto ocupa toda a miña enerxía. Fai tempo tamén fixemos dous volúmenes do Galeoke.

-¿Voltará a Ferrol?

-E algo que teño claro, de feito non me quería ir de aí. Aquí, os meus amigos, dinme que son máis ferrolá que Bazán.

emergentes aitana EANES, programadora cultural na casa das crechas